DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O exdecano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais recibiu a medalla da asociación

José Pose recibiu o recoñecemento da Asociación de Amigos y Antiguos Alumnos de la Universidad

Ao secretario do Consello Social, Ignacio Rodríguez, otorgouselle o diploma de Membro de Honra

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
DUVI 30/04/2012

O catedrático da Escola de Enxeñaría Industrial, José Pose, recibiu a medalla Amigo Distinguido 2012 que outorga a Asociación de Amigos y Antiguos Alumnos de la Universidad, nun acto no que ao secretario do Consello Social, Ignacio Rodríguez, outorgóuselle o diploma de Membro de Honra. No salón nobre do Círculo Mercantil de Vigo, o exreitor da Universidad de Salamanca e actual director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Castela León, José Ramón Alonso, foi o encargado de pronunciar un relatorio sobre a relación entre as institucións académicas e a sociedade. Pola súa banda a secretaria xeral da Universidade de Vigo, Inma Valeije, destacou o importante labor desenvolvido pola Asociación ao tempo que felicitou aos galardoados.

Tanto Pose como Rodríguez agradeceron os recoñecementos outorgados pola Asociación de Amigos y Antiguos Alumnos de la Universidad que no caso do catedrático recoñece o seu traballo de cooperación e impulso da asociación desde o seu nacemento, así como por facilitar a incorporación do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Industriales a la entidad. De Ignacio Rodríguez, a Asociación destaca a súa traxectoria xornalística, así como o traballo desenvolvido no Consello Social.