DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Dende este venres día 1 ata o 15 de xullo

As lanzadeiras de Vitrasa amplían o seu horario en época de exames

Etiquetas
  • Vigo
  • Estudantes
Jessica Fdez. DUVI 29/06/2011
Co fin de satisfacer as necesidades dos alumnos e alumnas que se presentan á convocatoria de exames de xullo xurdida tras a implantación do Plan Boloña e en substitución da convocatoria de exames de setembro, os autobuses de Vitrasa que unen o centro da cidade co campus de Vigo amplían os seus horarios. A partir do vindeiro venres día 1 e ata o día 15 de xullo, a lanzadeira U1 sairá da Praza América ás 8.20 h, ás 8.40 h e, partir das 9.40 h e ata as 20.40 h, partirá aos 40 minutos de cada hora. No seu percorrido de volta sairá do campus ás 8.45 h, ás 9.05 h e, dende as 10.05 h ata as 21.05 h, aos 5 minutos de cada hora.

Respecto á lanzadeira U2, os autobuses sairán dende a Praza de España ás 8.20 h, ás 8.40 h e, dende as 9.10 h ata as 20.10 h, aos 10 minutos de cada hora. Ás 8.45 h sairá o primeiro autobús dende o campus con destino á Praza de España, o segundo ás 9.05 h e, dende as 9.40 h ata as 20.40 h, sairán aos 40 minutos de cada hora.

Antes do comezo deste período de exames, ata ó xoves, a liña U2 sairá dende as 8.20 h ata as 13.20 h aos 20 minutos de cada hora. O percorrido inverso iníciase ás 9.05 h no campus e estará activo ata as 14.05 h, saíndo un autobús aos 5 minutos de cada hora.

Horarios habituais

A liña 8 manterá o seu servizo habitual, mentres que a liña C15C tan só se alterará durante o mes de agosto, mes no que rematará o seu percorrido en Xestoso.