Felipe Pétriz, Salustiano Mato e Jesús Vázquez participan na Conferencia da RedOtri 2011
Unha Lei de Ciencia e máis transferencia para saír da crise cun novo modelo produtivo
Máis de 100 técnicos das Oficinas de I+D de 70 institucións españolas danse cita en Ourense no seu e
Este xoves publicouse a nova Lei de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación no Boletín Oficial do Estado, iniciándose oficialmente a conta atrás para a súa entrada en vigor dentro de seis meses. Coincidindo con este fito, Felipe Pétriz, secretario de Estado de Investigación; Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, e Jesús Vázquez, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, achegáronse a Ourense para participar na Conferencia RedOtri 2011. Perante máis dun cento de técnicos de transferencia das Oficinas de I+D de 70 universidades e organismos españois, Pétriz salientou que agora “xa non valen os discursos, temos que crérmolo e facer que a sociedade perciba que vamos a saír máis rápido da crise se apostamos polo cambio do modelo produtivo”. Como instrumentos para ese cambio, apuntou, a nova Lei de Ciencia e, entre outros factores, a transferencia de coñecemento e tecnoloxía do ámbito público ao privado.
Pétriz, Mato e Vázquez participaron na Conferencia RedOtri, organizada pola Universidade de Vigo e a Conferencia de Reitores de Universidades Españolas CRUE co patrocinio da Fundación Barrié de la Maza e a Tecnopole, cun panel institucional baixo o título A transferencia como función social da ciencia. Para comezar as intervencións, o reitor da Universidade de Vigo salientou o novo marco legal que se abrirá proximamente coa entrada en vigor da nova Lei de Ciencia. Ante este novo contexto, que afectará tamén ao ámbito da transferencia, quixo propor aos técnicos de transferencia presentes unha serie de preguntas para a reflexión, como son “se as Otris son o que queren ser e se cos instrumentos e marcos legais actuais, que abren un novo futuro, van a ser capaces de cumprir todas as misións para as que foron creadas”.
Neste contexto, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria apostou por reforzar o papel da transferencia, que, advertiu, non debe ser algo que vén despois da investigación senón que se ten que integrar na mesma desde o principio. Para Jesús Vázquez “é necesario un modelo produtivo diferente, que potencie a investigación e que garanta a sostibilidade do sistema e a universidade debe estar á vangarda deste reto, apostando por unha transferencia que dea lugar a novas oportunidades”.
Segundo explicou Pétriz, nesta nova Lei de Ciencia tamén se recolle explicitamente a valorización, protección e transferencia como unha misión fundamental. O secretario de Estado de Investigación quixo destacar na súa intervención a relevancia desta transferencia do coñecemento desde onde se xera á sociedade, “entendendo a transferencia como unha responsabilidade social das institucións”.
Pétriz, Mato e Vázquez participaron na Conferencia RedOtri, organizada pola Universidade de Vigo e a Conferencia de Reitores de Universidades Españolas CRUE co patrocinio da Fundación Barrié de la Maza e a Tecnopole, cun panel institucional baixo o título A transferencia como función social da ciencia. Para comezar as intervencións, o reitor da Universidade de Vigo salientou o novo marco legal que se abrirá proximamente coa entrada en vigor da nova Lei de Ciencia. Ante este novo contexto, que afectará tamén ao ámbito da transferencia, quixo propor aos técnicos de transferencia presentes unha serie de preguntas para a reflexión, como son “se as Otris son o que queren ser e se cos instrumentos e marcos legais actuais, que abren un novo futuro, van a ser capaces de cumprir todas as misións para as que foron creadas”.
Neste contexto, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria apostou por reforzar o papel da transferencia, que, advertiu, non debe ser algo que vén despois da investigación senón que se ten que integrar na mesma desde o principio. Para Jesús Vázquez “é necesario un modelo produtivo diferente, que potencie a investigación e que garanta a sostibilidade do sistema e a universidade debe estar á vangarda deste reto, apostando por unha transferencia que dea lugar a novas oportunidades”.
Creación da Axencia Estatal de Investigación
Coa publicación no BOE da nova Lei de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación de fondo, Felipe Pétriz fixo un obrigado percorrido por este documento que “pretende establecer o mellor marco posible para que as institucións poidan traballar mellor” no eido da I+D+i. Coa súa entrada en vigor dentro de seis meses, Pétriz salientou que “chegou o momento de pensar na coordinación e na optimización de recursos”. Entre outros instrumentos, o secretario de Estado adiantou que coa publicación no BOE ábrese un prazo dun ano para crear a Axencia Estatal de Investigación, da que destacou xa teñen un borrador de Estatutos. “Este instrumento é un clamor na comunidade científica porque eliminará moita burocracia e ofrecerá máis axilidade”, advertiu.Segundo explicou Pétriz, nesta nova Lei de Ciencia tamén se recolle explicitamente a valorización, protección e transferencia como unha misión fundamental. O secretario de Estado de Investigación quixo destacar na súa intervención a relevancia desta transferencia do coñecemento desde onde se xera á sociedade, “entendendo a transferencia como unha responsabilidade social das institucións”.