Traducir para as minorías
‘Made in Galiza’ e top ventas no Curdistan
A tradución ao curdo do libro de Séchu Sende acada a 6ª edición e foi escollido como libro do ano 20
Nunca un libro galego fora traducido ao curdo sen pasar antes polo castelán, tampouco nunca a versión turca dunha obra galega acadara en poucos meses a sexta edición e fora escollida como libro do ano 2010 na feira do libro curda. Made in Galiza (2007), o libro de relatos de Séchu Sende sobre a situación sociolingüística do galego con respecto ao castelán estase a converter nunha icona coa que se demostra “que a tradución da obra galega non é unha anécdota como en moitos lugares se quere facer ver, como si non tivésemos calidade suficiente para ser recoñecidos fóra”, subliñou a profesora viguesa Iolanda Galanes, membro do grupo de investigación Bitraga, organizador da mesa redonda Traducir para as minorías.
Coa participación do autor da obra Séchu Sende e dos autores da tradución ao turco e ao curdo, Irfan Guller e Xosefa Baamonde, o encontro, celebrado na Facultade de Filoloxía e Tradución, tratou de determinar as claves do éxito de ambas as traducións. “É un libro de literatura escrito para a xente que non é coma min”, definiu Sende ao que Galanes presentou como “narrador, poeta, docente... pero sobre todo unha persoa comprometida coa súa lingua e co seu país”.
Desde o seu punto de vista, explicou o autor, o éxito da versión turca da obra “pese a que non deixa de sorprenderme, penso que é a resposta dunha sociedade que viviu e está a vivir unha situación lingüística moi semellante á nosa, independentemente de que sexan, en certos aspectos, realidade moi distintas”.
Avogado de formación e “tradutor tardío”, a vida trouxo a Guller a Santiago de Compostela, onde realizou unha tese de doutoramento sobre o nacionalismo curdo en Turquía e, “de novo a casualidade” levouno a toparse con Made in Galiza, obra que traduciu ao turco coa axuda de Xosefa Baamonde, mestra dende a década de 1970 e unha das primeiras represaliadas por dar clases en galego.
Para a tradución ao curdo contaron con axuda, 35 representantes desta cultura: políticos, cantantes, deportistas... “eles foron os encargados de traducir ao idioma propio os 45 relatos da obra”, sinalou Güller, autor da tradución de dous dos relatos.
Coa participación do autor da obra Séchu Sende e dos autores da tradución ao turco e ao curdo, Irfan Guller e Xosefa Baamonde, o encontro, celebrado na Facultade de Filoloxía e Tradución, tratou de determinar as claves do éxito de ambas as traducións. “É un libro de literatura escrito para a xente que non é coma min”, definiu Sende ao que Galanes presentou como “narrador, poeta, docente... pero sobre todo unha persoa comprometida coa súa lingua e co seu país”.
Desde o seu punto de vista, explicou o autor, o éxito da versión turca da obra “pese a que non deixa de sorprenderme, penso que é a resposta dunha sociedade que viviu e está a vivir unha situación lingüística moi semellante á nosa, independentemente de que sexan, en certos aspectos, realidade moi distintas”.
Traducido por 35 representantes da cultura curda
Curdo de nacemento e galego de sentimento, como el mesmo se definiu, Irfan Guller, describiu aos asistentes a situación dunha lingua “que quedou reducida ao ámbito familiar e na que, a día de hoxe e dende xa fai anos, é imposible educar aos cativos”, apuntou, ao tempo que narrou como durante a súa infancia, fora trasladado da súa aldea natal, onde a única lingua que coñecía era o curdo, a un internado no que só había unha lingua: o turco, “que en nada se parecía ao que eu coñecía” e, igual ca el, o resto de rapaces da súa idade. Hoxe, lamentou, a situación non cambiou demasiado e o curdo, un dos pobos sen estado máis numerosos do mundo, segue a perder falantes nas cidades e entre as novas xeracións e a administración segue a obstaculizar a súa ensinanza.Avogado de formación e “tradutor tardío”, a vida trouxo a Guller a Santiago de Compostela, onde realizou unha tese de doutoramento sobre o nacionalismo curdo en Turquía e, “de novo a casualidade” levouno a toparse con Made in Galiza, obra que traduciu ao turco coa axuda de Xosefa Baamonde, mestra dende a década de 1970 e unha das primeiras represaliadas por dar clases en galego.