DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Con 11 votos a favor, un en contra e un en branco

Manuel Gutiérrez agradece os apoios que permitiron a súa reelección como director de EU de Fisioterapia

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Institucional
Mª del Carmen Echevarría DUVI 08/10/2010

11 votos a favor permitirán a Manuel Gutiérrez Nieto continuará á fronte da dirección da EU de Fisioterapia que hoxe celebrou eleccións ás que unicamente concorreu á candidatura do ata o de agora director. “Síntome moi respaldado e quero agradecer o apoio recibido que me permite enfrontar esta nova etapa con ánimo”, asegura Gutiérrez Nieto que confirma que continuará coas actuacións que viña desenvolvendo ao tempo que iniciará outras.
Neste sentido a consolidación do título de grao e favorece a implantación dos estudos de mestrado, cun posgrao investigador que permita o acceso aos estudos de terceiro ciclo, son dous dos obxectivos do equipo de dirección. En relación coas instalacións, Gutiérrez Nieto sinala “ a ampliación do edificio do Centro Asistencial” como un dos seus obxectivos “que servirá tanto para a docencia como para a investigación”.

Aumento do PDI e do PAS

Á consolidación e mellora nas titulacións e á ampliación nas instalacións, o novo director suma un obxectivo máis nesta etapa como é o incremento do persoal docente e o persoal de administración e servizos. E é que segundo Gutiérrez “o aumento do número de alumnos ao pasar de tres a catro anos, así como a realización de actividades”, fai preciso incrementar tanto o PDI como o PAS que actualmente desenvolve a súa actividade no centro.
Eva Mª Lantarón como subdirectora e Alicia González como secretaria académica, completan o novo equipo directivo da EU de Fisioterapia.