DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Dirixidos a mellorar as competencias dixitais do alumnado, PDI e PAS da UVigo

Matrícula aberta para os novos cursos de e-Destrezas

De 30 horas de duración, arrancarán o 29 de xaneiro e prolongaranse ata finais de abril

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Cursos
  • Institucional
DUVI 09/01/2024

Xa está aberta no CampusActivo da UVigo a matrícula para os cursos do segundo cuadrimestre de e-Destrezas, o programa de formación gratuíto impulsado pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade coa colaboración do Consello Social orientado ao desenvolvemento e á mellora de competencias dixitais do alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos da UVigo. 

A nova oferta está composta por sete cursos de 30 horas: seis sesións de catro horas presenciais máis seis horas de traballo non presencial. O curso máis madrugador será o de Fundamentos de ofimática con Office, que arrancará o 29 de xaneiro e se prolongará ata o 14 de febreiro; seguido de Introdución ás ferramentas de tradución asistida por ordenador con MemoQ, que se desenvolverá do 30 de xaneiro ao 20 de febreiro; Fundamentos de análise e tratamento de datos con Excel, do 2 de febreiro ao 8 de marzo; Fundamentos do deseño CAD con AutoCAD, do 26 de febreiro ao 13 de marzo; Fundamentos da edición de vídeo e son dixital para a web, do 27 de febreiro ao 14 de marzo; Introdución práctica á impresión 3D, do 15 de marzo ao 26 de abril, e, finalmente, Fundamentos de deseño gráfico con Illustrator e Photoshop, do 8 ao 24 de abril.

Ao rematar a formación, as persoas participantes recibirán un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.