Percorreron aulas, laboratorios e demais espazos
Medio cento de visitantes na Xornada de Portas Abertas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Medio cento de persoas participaron este xoves pola tarde na Xornada de Portas Abertas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Durante o percorrido polo centro tiveron a oportunidade de visitar as súas aulas, laboratorios e demais espazos, e descubrir o traballo de docencia e investigación que se leva a cabo no centro.
Coa guía do equipo de docentes e alumnado da escola, puideron comprobar a potencialidade das tecnoloxías de telecomunicación nos seus laboratorios de 5G, cámaras anecoicas, laboratorio de fotónica para comunicacións ópticas e cuánticas… e fixérono escoitando as explicacións das propias alumnas e alumnos da escola, que ofreceron información de primeira man sobre como é estudar neste centro.