DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Coa obra "Sex on the Beach" de Roy Arias

A MITEU baixa o pano en Vigo cunha crítica ao turismo sexual

A mostra trasládase a vindeira semana a Pontevedra

Etiquetas
  • Vigo
  • Cultura
Mª del Carmen Echevarría DUVI 29/04/2008
A XIII edición da MITEU baixa o pano en Vigo tras unha semana de representacións primeiro no Teatro Vidal Bolaño do campus e posteriormente no Centro Cultural Caixanova de Vigo.
Precisamente este será o escenario onde o Teatro Estudio Internacional de Nova York represente esta tarde a obra “Sex on the beach” de Roy Arias. Dirixida por Ramón Pareja a obra é un espectáculo unipersoal sobre a prostitución, na que tres personaxes alugan os seus corpos a estranxeiros como desafogo económico.
Cuba, Porto Rico e República Dominicana son os escenarios onde se desenvolve a acción na que os protagonistas son rexeitados por unhas sociedades nas que se produce o paradoxo de que o turismo sexual é unha fonte de ingresos.
Á representación comezará ás 20.00 horas con entrada libre ata completar aforo

Pontevedra, próximo escenario

Tralo seu paso por Ourense e Vigo, a MITEU recalará o vindeiro luns en Pontevedra onde permanecerá ata o 9 de maio.
Polo escenario do Teatro Principal pasarán as aulas de teatro universitarias de Ourense, da USC, de Vigo, A Coruña e o Teatr´ubi e Asta de Covilhá (Portugal)