DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Perderon 66-63 ante o Foz

Os do Campus loitaron ata o final, pero non lograron vencer

Etiquetas
  • Ourense
  • Deportes
Marta Casanova DUVI 03/03/2008

“Xogamos, moi ben, pelexamos ata o final, pero non puido ser” explicou o adestrador do Campus Universitario, Nino Santos, tralo partido ante o Foz que rematou co axustado marcador 66-63. “Fixemos un moi bo partido pero, ironicamente no primeiro cuarto, só encaixamos dous puntos. Era incrible, estábamos como gafados, a pelota non entraba na rede” comentou. “A dous minutos do final, empatados, o árbitro concedeulles unha canasta dous máis un apurada que eu creo que non era” dixo, “e no tempo que quedaba, non pasou nada de nada, nin un balón fóra, nin unha falta, nin nada. É algo moi raro en baloncesto” explicou Santos.
Pese a todo, o adestrador amósase moi optimista xa que “neste partido pasounos factura a fatiga da viaxe, que foi por quendas e bastante accidentada, pero estivemos moi preto de gañar, así que a vindeira xornada ten que ser si ou si; por fin imos despegar” dixo. A cita será na casa ante o Vilalba o domingo ás 18.00 h, unha hora pouco habitual, pero condicionada pola xornada electoral.