DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Esta tempada xogan na primeira e na segunda división

Os equipos do campus arrancan con bo pé a súa participación na Liga Galega de Xadrez

O Universitario de Ourense A gañou o sábado a Círculo Chantadino Xadrez

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 27/02/2023

Este sábado, 25 de febreiro, deu comezo a Liga Galega de Xadrez por equipos de club 2023, con 216 equipos participantes e preto de 1300 xogadoras e xogadores. Entre eles, estiveron os representantes do campus de Ourense, que un ano máis volve a participar nesta competición autonómica con tres equipos.

O Universitario de Ourense A xoga en primeira división, no grupo D. No seu primeiro encontro de liga celebrado o sábado recibiu nas instalacións universitarias, concretamente no Edificio de Ferro, a Círculo Chantadino Xadrez, ao que gañou por 2,5-1,5 (con vitoria de Miguel Reza e táboas dos seus compañeiros Brais Gerpe, Marcos Reza e Ángel Manuel Vázquez). En segunda división, o campus compite con dous equipos no grupo F, equipos que se enfrontaron na primeira xornada de liga. O Universitario de Ourense B gañou a Universitario de Ourense C cun marcador final de 1,5-2,5. No C houbo victoria de Víctor López, táboas de Nuel Vázquez e derrotas de Sergio de Soto e Julio Pérez e no B vitorias de David Feijoo e José Luis Fernández, táboas de Manuel Álvarez e derrota de José Jaime González-Viso.