DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Esta fin de semana disputouse a última xornada da competición

Os equipos de xadrez do campus rematan a liga en terceiro e cuarto posto

O Universitario de Ourense A gañou en Mondariz a Ajedrez Marcote

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 04/04/2022

Este sábado os tres equipos de xadrez que representan ao campus de Ourense na liga galega de xadrez 2022 disputaron a última xornada desta competición. Tras os resultados acadados nos encontros celebrados o sábado, os representantes universitarios acadaron dous terceiros e un cuarto posto, resultados valorados positivamente desde o club.

O sábado o Universitario de Ourense A perdeu en Mondariz contra Ajedrez Marcote por un marcador final de 3-1, con táboas de Marcos Reza e Miguel Reza e derrotas de Diego Vidal e José Jaime González-Viso. Con este resultado, o primeiro equipo do campus rematou terceiro do seu grupo na primeira división da liga galega.

En segunda división, o Universitario de Ourense B visitou a Liceo de Ourense B, acadando un empate 2-2, con vitorias de Manuel Álvarez e Raúl Martínez e derrotas de José Manuel Novoa e Gabriel Alcalde Sosa. Con este resultado, este equipo remata cuarto a competición. Por último, en terceira división, o Universitario de Ourense C gañou na casa contra Liceo Carlos Casares 4-0, con vitorias de Rodrigo Arias, Nuel Vázquez, Sergio de Soto e Victor López. Tras acadar este marcador, o equipo remata a liga en terceiro lugar, empatado a puntos co segundo clasificado.