DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nun encontro internacional organizado polas tres universidades

Os estudantes estranxeiros viven en Santiago unha xornada lúdica

Etiquetas
  • Vigo
  • Estudantes
DUVI 25/05/2011
Un ano máis os estudantes estranxeiros das tres universidades galegas reuníronse nun encontro internacional no que compartir inquedanzas e impresións. Se o ano pasado a cita foi no campus de Ourense, nesta ocasión o encontro tivo lugar en Santiago de Compostela, onde foron recibidos polo vicerreitor de Estudantes, Francisco Durán. Despois, nunha xornada eminentemente lúdica, dirixíronse ao Pazo de Raxoi onde os concelleiros Mercedes Rosón e Andrés Fariña os acompañaron por un percorrido polo edificio e, seguidamente, participaron nunha visita guiada pola Cidade da Cultura.

Acompañados por representantes das tres universidades galegas, dende Vigo acudiron á coñecida como Festa da Terra 51 estudantes, xunto co vicerreitor de Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias; o director da ORI, Anselmo Seoane e a técnica, Eva Garea.