Segundo un estudo iniciado en 1989 polo profesor da Universidade de Vigo Javier Montalvo
Os pastos españois reaccionan contra o cambio climático secuestrando un 2,2% máis de CO2 ao ano
Estímase que en 2010 retiveron preto de 23,5 millóns de toneladas de dióxido de carbono, o 7% das em
O aumento da actividade nos sectores da industria e do transporte son ben visibles na atmosfera: un aumento do CO2 que deriva nun quentamento global que provocou que nos últimos 50 anos a temperatura media en España crecera 0,6 graos. Nesta batalla contra o cambio climático os bosques non son os únicos aliados: un equipo de ecólogos da Universidade de Vigo e da Fundación Matrix descubriu que os pastos actúan como un sumidoiro natural de carbono que en lugar de acumular este gas na biomasa, como pode ser na herba, faino de xeito invisible no chan “sen necesidade de axuda”. “É un dato para o optimismo, xa que a natureza reacciona compensando de xeito natural os nosos excesos. Actúa como un sistema de ventilación retirando todo o dióxido de carbono que producimos de máis”, recoñece Javier Montalvo, profesor de Ecoloxía e director da fundación.
A investigación, presentada por primeira vez ante a comunidade científica no Congreso da European Ecologial Federation que se celebra en Ávila ata o vindeiro 29 de setembro, demostra que os pasteiros secuestran o CO2 “seguindo un patrón regular dun 2,2% ao ano durante as últimas dúas décadas”. Os datos da análise de distintos tipos de chans revelan que os prados de Cantabria e os pastos de montaña similares aos galegos almacenan unha media dunha tonelada de carbono por hectárea e ano, mentres que nas zonas de clima máis cálido e seco do sureste peninsular a acumulación redúcese a 0,4 toneladas.
Segundo o estudo, só no último ano os pasteiros de España (incluíndo os de Baleares) almacenarían uns 23,5 millóns de toneladas de CO2, o 7% das emisións totais anuais e unha cifra similar a do secuestro da biomasa do conxunto dos bosques españois. A pesar de que os pastos ocupan un 20% da superficie peninsular, esta é unha estimación bastante conservadora porque os investigadores limitan o alcance do cambio detectado á parte do chan que contén a maior proporción de carbono, a máis superficial.