Este xoves a xornada de difusión tivo lugar na Biblioteca Central de Vigo
Osluvi inicia nos campus unha campaña de promoción do software libre
Estiveron xa na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, hoxe achegáronse á Biblioteca Central e seguirán difundindo as súas ideas en diferentes centros dos tres campus. Os integrantes de Osluvi, a Oficina de Software Libre da Universidade están decididos a achegar e dar a coñecer á comunidade universitaria as vantaxes do software libre e a axudar a todos os novos usuarios a resolver as dúbidas que poidan ter. Fano baixo o lema DiasMaisQueLibres e a idea é “correr a voz” para que todos os interesados, pertenzan ou non á comunidade universitaria, poidan asistir a algunha das citas.
Nunha biblioteca repleta de estudantes ante o inminente inicio dos exames de xullo, Osluvi montou un posto no que os interesados puideron recoller información sobre que é o software libre, as distintas versión do sistema operativo Linux ou cales son as licencias máis habituais. “Ademais tamén damos a coñecer ferramentas de software libre alternativas ás que se empregan actualmente e axudámoslle a ver as diferencias que existen entre os paquetes ofimáticos libreoffice e openoffice e a facer probas con eles”, salientou Francisco Rodríguez, quen tamén fixo fincapé en que informan sobre os movementos asociativos que existen na Universidade sobre grupos de usuarios de Linux e como poden localizar e informarse destas asociacións.
No tocante á creación de documentación, os interesados poden ver os estándares que se consideran abertos e dos cales se recomenda o seu uso e pórse ao día sobre as diferencias que existen entre os paquetes ofimáticos libres libreoffice e openoffice e facer probas con eles vendo a xeración de documentos abertos que realizan.
A previsión coas datas e lugar de celebración das distintas xornadas irase dando a coñecer na web de Osluvi.
Nunha biblioteca repleta de estudantes ante o inminente inicio dos exames de xullo, Osluvi montou un posto no que os interesados puideron recoller información sobre que é o software libre, as distintas versión do sistema operativo Linux ou cales son as licencias máis habituais. “Ademais tamén damos a coñecer ferramentas de software libre alternativas ás que se empregan actualmente e axudámoslle a ver as diferencias que existen entre os paquetes ofimáticos libreoffice e openoffice e a facer probas con eles”, salientou Francisco Rodríguez, quen tamén fixo fincapé en que informan sobre os movementos asociativos que existen na Universidade sobre grupos de usuarios de Linux e como poden localizar e informarse destas asociacións.
Demostracións in situ
E como hai casos nos que un exemplo vale máis ca mil palabras no posto de Osluvi tamén se realizan instalacións in situ de software libre, para que aqueles que o desexen coñezan de primeira man as vantaxes, facilidades e dificultades que conleva a instalación deste tipo de software nos seus portátiles. “Ademais, aqueles que desexen ver como se instala unha distribución como Ubuntu e non queiran facelo no seu portátil actual poden facer todo o proceso en portátiles da oficina”, engadiu Rodríguez.No tocante á creación de documentación, os interesados poden ver os estándares que se consideran abertos e dos cales se recomenda o seu uso e pórse ao día sobre as diferencias que existen entre os paquetes ofimáticos libres libreoffice e openoffice e facer probas con eles vendo a xeración de documentos abertos que realizan.
A previsión coas datas e lugar de celebración das distintas xornadas irase dando a coñecer na web de Osluvi.