DUVI

Diario da Universidade de Vigo

No 3º encontro internacional de interacción gráfica e edición celebrado esta semana en Belas Artes

Pregos que se desdobran entre Galicia e Canadá

No marco do proxecto internacional de intercambio PLI/PLIEGO/FOLD, que coordina o grupo de investiga

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Investigación
DUVI 30/06/2016

A Facultade de Belas Artes acolleu esta semana un encontro internacional entre investigadores pontevedreses e canadense no marco do proxecto de intercambio, interacción gráfica e edición PLI / PLIEGO / FOLD, que coordina o grupo de investigación dx5 da Universidade de Vigo e di que forman parte 20 centros de 12 países. Nesta xornada bilateral participaron estudantes, investigadores e docentes do Département de Philosophie et des Arts de la Universidad de Trois-Rivières de Québec, un dos socios do proxecto que participaron nun obradoiro de intercambio de experiencia cos seus homólogos pontevedreses. A universidades canadense estivo representada por Aimé Zayed, director do departamento; Mylène Gervais, profesora e coordinadora do proxecto no centro; Louis-Pierre Clément e France Arseneault, todos eles artistas, investigadores e parceiros do proxecto PLI / PLIEGO / FOLD.

Con motivo desta visita a Facultade de Belas Artes organizou unha xornada de presentación do proxecto, aberta á participación de toda a facultade e en especial ao alumnado de terceiro e cuarto curso seleccionado para participar no proxecto, alumnos das materias Produción artística-Imaxe II e Traballo de Fin de Grao, xunto a investigadores de pre e post doutoramento do grupo dx5.O obxectivo do encontro, como destacan os investigadores anfitrións “é coñecer de primeira man a actividade dos socios canadenses e poñer en común observacións e experiencias respecto a este proxecto colectivo, que ten como finalidade investigar arredor do concepto de prego no libro e na arte gráfica actual”. Para isto, estudantes, artistas, profesores e investigadores de diferentes centros internacionais de formación e investigación en arte gráfico están convidados a intervir sobre unha folla de papel pregada, empregando técnicas gráficas e outros recursos que xeran imaxe múltiple, para posteriormente realizar unha edición correspondente ao número de centros participantes.

17 propostas canadense, 20 pontevedresas e 20 internacionais

No taller de gravado desta semana os participantes puideron ver e debater sobre as pezas de dezasete estudantes e docentes da Universidade de Trois Rivières, así como as vinte propostas que se presentan dende a Facultade de Belas Artes de Pontevedra. O proxecto completarase coa recepción dos traballos de case vinte centros participantes de doce países diferentes de todo el mundo: Arxentina, Bélxica, Canadá, China, Dinamarca, España, Estados Unidos, Francia, México, Portugal, Serbia e Taiwán. Coas obras recibidas (un prego de cada participante) comporanse tantos libros como centros participantes no proxecto e cada libro estará formado por distintos caderniños, compilados e sen coser. Así, este formato flexible posibilitará diferentes combinacións e facilitará a futura exposición dos pregos independentes, en diferentes mostras internacionais organizadas polos centros participantes. Deste modo, a presentación pública dos libros, segundo os explican os investigadores pontevedreses, “consolidará os obxectivos de comunicación e intercambio internacional que subxacen baixo a idea de «orixinal múltiple» que articula todo o proxecto”.