DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Tras constituírse o pasado mes de febreiro

Primeiro encontro da mesa sectorial única de persoal docente e investigador co reitor

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
DUVI 18/03/2011
O persoal docente e investigador conta dende principios do mes de febreiro cunha mesa sectorial única, unha vella demanda do colectivo que agora se ve cumprida. Este venres varios membros da mesa foron recibidos polo reitor, Salustiano Mato, nun encontro que aproveitaron para manter un primeiro intercambio de opinións.

Nesta mesa están representados o equipo de goberno da propia Universidade, os comités de empresa de Ourense e Pontevedra e a Xunta de Persoal, tendo como principal misión ser un lugar de encontro no que o equipo de goberno informa a profesores e investigadores de todo aqueles temas de interese para este colectivo , desde políticas retributivas ata a creación de prazas, así como chegar a acordos que logo, en moitos casos, serán ratificados en Consello de Goberno.

Na actualidade as organizacións sindicais con representación neste colectivo son: CIG, UGT, CCOO, CSIF e AGPTU.