DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Celebrarase no mosteiro de San Rosendo de Celanova

A puxanza económica do deporte e do turismo, protagonista dun curso de extensión

Etiquetas
  • Ourense
  • Académica
Marta Casanova DUVI 22/10/2007

Juan Francisco Gálvez, vicerreitor do campus de Ourense, José Antonio Fraiz , ex decano, e Beatriz Anguiano, responsable da Fundación Caixa Galicia, foron os encargado de presentar unha nova edición do curso "Deporte, empresa e sociedade: deporte e turismo. Sectores económicos en auxe", que se realiza dende 2001, aínda que non anualmente. Nos seus primeiros anos centrábanse no deporte mentres que estes últimos os organizadores decantáronse polo turismo.O curso terá lugar entre os días 29 e 31 de Outubro no Mosteiro de San Rosendo de Celanova.

Destacados participantes

Nesta nova edición os relatores son persoas especializadas en Turismo e Deporte, procedentes tanto da Universidade de Vigo como de outras de fóra de Galicia, así coma profesionales que aportarán unha visión práctica. Este ano, por exemplo, destaca a presenza do director xeral do Celta, Xabier Martínez Cobas ou Kepa Larumbe, representante da Federación Española de Fútbol.
Con esta combinación de nomes preténdeselle dar calidade e atractivo ao curso que non está dirixido unicamente a alumnos, senón que tamén está aberto a toda a cidadanía, contándose para elo coa colaboración doutras entidades coma Caixa Galicia, o Concello de Celanova ou a Diputación Provincial de Ourense. Para clausurar as xornadas, o derradeiro día realizaranse actividades deportivas: paintball, minigolf e orientación con GPS.
O custe xeral con actividades, comidas e transporte será de 100 euros cun 50% para os alumnos da Universidade e un 75% para os bolseiros.