DUVI

Diario da Universidade de Vigo

"Xornadas sobre as eleccións ao Parlamento galego"

Quintana participará este martes nas "Xornadas sobre as eleccións ao Parlamento galego" e Feijóo farao o xoves

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Académica
Camino Carballeira DUVI 09/02/2009

Anxo Quintana foi o primeiro en dar o si ao coordinador das Xornadas sobre as eleccións ao Parlamento galego da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Borja Dapena. Pero xa non é o único. O xoves día 12 o alumnado tamén terá a oportunidade de plantexarlle as súas preguntas ao candidato do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo. Segundo explicou Dapena, “cursamos invitacións aos tres candidatos, a Emilio Pérez Touriño, Alberto Núñez Feijóo e Anxo Quintana” pero ata o de agora só os representantes do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Popular pudieron axustar as súas axendas para aceptar a invitación.
Tal e como estaba previsto, mañá martes día 10 Anxo Quintana estará ás 12.00 h na aula solemne Pr. Dr. Xan Bouzada onde será presentado polo coordinador das xornadas. A continuación disporá de 25 minutos para expoñer o seu plan electoral para atender despois durante media hora as preguntas dos asistentes. O decano da facultade, Alberto Pena, actuará como moderador desta quenda de cuestións.
A programación destas xornadas responde, según Borja Dapena “a unha reivindicación da importancia dos universitarios, porque os partidos adoitan pasar deles”. A iniciativa está aberta a todos os universitarios galegos e desta forma consíguese introducilos nun proceso vital para o desenvolvemento dunha democracia.