DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A viaxe forma parte das actividades do ano de España no país asiático

O Reitor, Alberto Gago,integrante da delegación da CRUE que visita China

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
Mª del Carmen Echevarría DUVI 19/10/2007

Alberto Gago encabeza a representación da Universidade de Vigo, que forma parte da delegación da CRUE, Conferencia de Reitores de Universidades Españolas, que ata o vindeiro día 25 de outubro visita China.
A presenza das delegacións das universidades españolas que visita o país asiático, forma parte das actividades que se desenvolven este 2007, ano de España en China, entre as que destacan o foro de reitores españois e chinos e a Feira de Educación de Pekín.
A visita iníciase este sábado, coa participación da Ministra de Educación, Mercedes Cabrera, en Beijing onde os reitores coñecerán a embaixada de España e o Instituto Cervantes.
A Feira de Educación Superior, será o domingo, o próximo destino da delegación, que asistirá a sinatura dun acordo de recoñecemento de títulos e memorando de entendemento en materia educativa entre ambos países.Un acordo co que o Ministerio de Educación pretende completar unha serie de accións encamiñadas á aprendizaxe do idioma, formación de profesorado e cooperación en tecnoloxías da información.
O luns as actividades continuarán en Shanghai onde se celebra o Foro de Reitores Hispano-Chino.
O vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, é outro dos integrantes da delegación da Universidade de Vigo que trasladará este días ao país asiático información sobre a institución académica coa intención de atraer o interese dos estudantes chineses cara aos estudos que se imparten nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.