DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Na reunión participou tamén a vicerreitora de Investigación, Transderencia e Innovación, Belén Rubio

Reitor e alcalde manteñen unha xuntanza para abordar a cesión do edificio Siemens da ETEA

Analizaron a posibilidade do uso por parte da UVigo das aulas do Auditorio Mar de Vigo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Reitor
  • Visitas
  • Institucional
DUVI 27/06/2023

Abel Caballero e Manuel Reigosa mantiveron un encontro este martes no Concello para abordar a cesión do edificio Siemens da ETEA ou o uso das aulas do Auditorio Mar de Vigo. Na xuntanza, na que participou tamén Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, tratáronse cuestións de relevancia que afectan a ambas institucións. Sobre a cesión do edificio Siemens da ETEA, propiedade de Zona Franca, a decisión é firme pero o ente debe estudar o procedemento para poder realizar a cesión con todas as garantías.

En segundo lugar, a Universidade trasladoulle ao Concello a súa vontade de usar as aulas do Auditorio Mar de Vigo e o alcalde non soamente ve posible compatibilizar esta utilización coa UNED, senón que ademais valora a presenza da Universidad no edificio.

Por último, Caballero e Reigosa falaron sobre a necesidade de realizar unha mellora no edificio da Facultade de Comercio para dotala dunha saída de emerxencia. Para isto será preciso tramitar as pertinentes autorizacións municipais e autonómicas, amais de conseguir o financiamento que permita sufragar a obra. O alcalde trasladoulle ao reitor o seu total apoio á Facultade de Comercio, tamén o económico, para unha obra que ten un orzamento estimado de entre 130.000 e 140.000 euros.