DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O investigador e poeta Hu Xudong ofreceu unha conferencia na Facultade de Filoloxía e Tradución

Relato en primeira persoa da tradución da poesía brasileira ao chinés

Organizada pola Cátedra José Saramago e o proxecto Poepolit

Etiquetas
  • Vigo
  • Académica
DUVI 11/10/2017

Convidado pola Cátedra José Saramago e o proxecto internacional Poesía actual e política: análises das relacións contemporáneas entre produción cultural e contexto sociopolítico (Poepolit) da Universidade de Vigo, o profesor, poeta e investigador da Universidade de Pequín Hu Xudong (Chongqing,1974) ofreceu este mediodía un relatorio da Facultade de Filoloxía e Tradución na que abordou a tradución da poesía brasileira ao chinés. Xudong, acompañado polo director da Cátedra Saramago, Burghard Baltrusch, expuxo no súa intervención experiencias prácticas da súa actividade como tradutor de poesía brasileira ao chinés, á que se achegou a través de traducións inglesas. Logo de aprender a lingua portuguesa, Xudong iniciouse na tradución da poesía brasileira co obxectivo de enriquecer a poesía contemporánea brasileira, así como a súa propia obra.

Autor de varios libros de poesía, prosa, ensaios e traducións de poemas, o docente da Universidade de Pequín, ilustrou, a través de exemplos prácticos, os seus intentos de acadar un equilibrio entre unha tradución fiel e unha creativa e, como unha voz poética brasileira pode convivir cun ton característico da poesía chinesa contemporánea.