DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Reparto de premios no peche das celebracións de Santa Bárbara

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Medio Ambiente
  • Premios
  • Cultura
DUVI 07/12/2018

Como remate ás celebracións de Santa Bárbara, patroa da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, o centro acolleu esta semana un acto de entrega de premios, así como dúas conferencias sobre as enerxías do futuro e as saídas profesionais no ámbito da enxeñaría de minas.O primeiro dos premios, entregado ao mellor expediente do Máster Universitario en Enxeñaría de Minas do curso 2017/18, dotado cun importe de 600€ e concedido por Coinme, foi parar as mans de Enrique Manuel Villar Alonso como recompensa os seus esforzos académicos. 

Por outra banda, tres premios foron concedidos no marco do II Concurso de Fotografía Enfoca.rme. Financiados pola Cámara Oficial de Minería de Galicia, os galardoados foron Denis Barros Caballero por Eterno luar (1º); Carla Carballar Abal por Más allá del muro  (2º); e, por último, o accésit foi para Eduardo Millán López por Camino de fuerza. Os mozos e mozas premiadas no concurso de fotografía obtiveron unha cámara réflex no caso do primeiro premio, unha cámara compacta para o segundo e unha mochila fotográfica para o accésit. 

No peche das celebracións a escola tamén acolleu dúas conferencias dentro das actividades organizadas con motivo de Santa Bárbara: La energía del futuro: tecnología, sostenibilidad y competitividad, impartida por Rocío Prieto González, subdirectora de Gas Natural na Dirección de Enerxía da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, e  Salidas profesionales en el ámbito de la Ingeniería de Minas, a cargo de Juan José Iglesias, decano delegado en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas.