DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Asinaron un memorando de entendemento coa UVigo

Representantes do Yancheng Institute of Technology visitan o campus para explorar futuras vías de colaboración

Tamén coñeceron as instalacións da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Internacional
  • Reitor
  • Visitas
  • Visitas
DUVI 14/12/2023

Unha delegación de representantes do Yancheng Institute of Technology están estes días de visita no campus de Vigo para coñecer a institución olívica e explorar futuras vías de colaboración. O reitor do YCIT, Rong Shao, acompañado por decanos e decanas e directores e directoras de departamentos desta universidade chinesa, reuniuse co reitor da UVigo, Manuel Reigosa, para asinar un memorando de entendemento entre ambas institucións que permitirá futuras colaboracións en temas de mobilidade ou investigación. Reigosa amosou a súa satisfacción por ampliar os lazos de colaboración da UVigo, neste caso coa universidade de Yancheng, unha cidade de máis de 8 millóns de habitantes localizada na costa do Mar Amarelo.

A estadía en Vigo da delegación chinesa incluíu tamén unha visita ás instalacións da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, onde foron recibidos polo director do Centro de Investigación Mariña -CIM, Daniel Rey, e polo director da Ecimat, José Manuel García Estévez. Alí puideron coñecer, guiados pola investigadoras Estefanía Paredes, as diferentes liñas de Investigación que desenvolven os grupos do CIM e súas as instalacións e laboratorios, de especial interese para a delegación chinesa, xa que o Yancheng Institute of Technology conta cunha facultade de ciencias mariñas.

Ademais, tanto o reitor como o resto de representantes da YCIT tamén mantiveron unha xuntanza coa vicerreitora de Internacionalización, Maribel del Pozo, na que estiveron acompañados polos profesores Jesús Simal e Jianbo Xiao, do grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias da UVigo.