DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O candidato do PP á alcaldía de Ourense participa nun acto sectorial

Rosendo Fernández visita o campus para escoitar á comunidade universitaria

O líder dos populares ourensáns aposta pola integración do campus e a cidade

Etiquetas
  • Ourense
  • Institucional
Rosa Tedín DUVI 02/05/2011
As eleccións municipais do 22 de maio están cada día máis preto e a actividade dos diferentes partidos chega tamén ao campus universitario. Se o venres o Edificio Politécnico acollía a presentación oficial da candidatura socialista de Francisco Rodríguez, este luns foi a quenda do PP. O seu candidato, Rosendo Fernández, achegouse ao campus a participar nun acto sectorial que tiña por obxectivo “escoitar á universidade” e expor as propostas populares neste eido.

“Facemos este acto para escoitar e reflexionar entre todos” salientaba ao comezar a súa intervención Rosendo Rodríguez. Segundo explicou o seu partido propón “un goberno municipal receptivo a todo o que ten que ver coa universidade e o campus”, polo que apostou por “unha simbiose” entre as dúas institucións. Rodríguez destacou que “poremos o máximo interese na integración do campus coa cidade”.

Entre os temas abordados na visita do candidato do PP á alcaldía estiveron a necesidade de incentivar a colaboración concello-campus en investigación, na comunicación e difusión dos estudos existentes e na realización informes. Durante o encontro, Fernández tamén abordou cuestións como o fomento do termalismo a través da súa vinculación cos estudos do campus e a transformación do CHOU en hospital universitario.