DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A Sociedade Mineralóxica Galega convoca unha nova edición do certame fotográfico Mundo Mineiro 2010

Aberto á participación de toda a cidadanía o prazo de presentación de fotografías estará aberto ata

Etiquetas
  • Vigo
  • Estudantes
D. Besadío DUVI 07/07/2010

A Sociedade Mineralóxica Galega, en colaboración coa Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas, lanzou xa unha nova edición de Mundo Mineiro 2010, un certame de fotografía que acada xa a súa terceira edición e co que se busca dar a coñecer o ámbito de traballo e estudo dos enxeñeiros de minas.

Aberto á participación de calquera persoa á que lle guste o mundo da fotografía cada autor poderá presentar un máximo de dous orixinais sobre calquera temática relacionada coa minería, desde os propios minerais, a maquinaria, o patrimonio mineiro ou calquera outro tipo de composición orixinal relacionado con estes temas.

O gañador da mellor fotografía recibirá un cheque de 400 euros e unha cámara dixital valorada na mesma cantidade. No caso do segundo clasificado recibirá tamén unha cámara, neste caso valorada en 200 euros e un cheque de 300 euros e, ao que acade o terceiro posto, entregaráselle unha cámara e un cheque por valor de 100 euros cada un deles. Ademais disto a todos os participantes entregaráselle unha publicación con todas as fotografías recibidas no certame.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 15 de outubro e a entrega de premios terá lugar o 26 de novembro na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas. Desde a organización esperan repetir o éxito das anteriores convocatorias, nas que se recibiron un elevado número de fotografías chegadas desde todos o puntos da xeografía española, resultando gañador Mina Emma do enxeñeiro toledano Rafael Villar.

Toda a información sobre o concurso pode consultarse na web da Sociedade Mineralóxica Galega.