DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Outorgado polo COETG no transcurso da Noite Galega das Telecomunicacións

A spin-off SON recolle esta noite o Premio á Mellor Aplicación TIC

Polo software SONArchitect, o primeiro do mercado capaz de calcular o illamento dun edificio complet

Etiquetas
  • Vigo
  • Investigación
M. Del Río DUVI 20/11/2009

O grupo de investigación Sonitum confirma unha vez máis a súa traxectoria ascendente, desta volva, co Premio á Mellor Aplicación TIC que outorga o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. O valedor deste galardón é software SONArchitect comercializado pola spin-off SON (Sound of Numbers), xurdida do traballo deste grupo de investigadores da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación. Os membros de grupo reciben así unha vez máis un recoñecemento ao traballo ben feito, despois de volver o pasado mes de Euronoise 2009, o congreso europeo máis importante sobre acústica, no que representaban a España, xunto con Sonen, Centro de Acústica e Servizos de Telecomunicacións. Deste cita continental volveron, como subliña o profesor Manuel Sobreira, “moi satisfeitos da acollida do noso produto, o primeiro software do mercado capaz de calcular o illamento dun edificio completo mediante os métodos expostos na familia de normas UNE 12354”.
Agora toca outro recoñecemento, e este venres recollerán no premio no transcurso da celebración da XIV Noite Galega das Telecomunicacións que se celebra na Toxa.

Entre a sorpresa e a satisfacción

Segundo explica Sobreira, a primeira reacción ao coñecer o premio foi “sorpresa ao ser un premio ao que nos presentáramos”. Pero o que salientan os investigadores é “a novidade de que unha aplicación no ámbito da acústica reciba un premio deste tipo, así que a nosa sorpresa é dobre”, e interprétano como un sinal de que de que o traballo en acústica aplicada se está facendo cada vez máis visible e máis recoñecido, “como consecuencia clara da aplicación da nova lexislación”.
Por outra banda está aquilo de ser profeta na propia terra e puntualizan que o feito de que “o premio sexa galego e se outorgue na Noite das Telecomunicacións prodúcenos unha gran satisfacción. Cando imos fóra sentímonos como aqueles tolos que saíron dunha pequena aldea das Galias a pelexar cun inmenso exército de romanos, e sentímonos orgullosos de representar á nosa Galia. Ás veces, o regreso a casa pode ser amargo se un non se sinte apoiado e recoñecido”.
Sobre a valoración deste primeiro ano de traballo, Sobreira destaca que precisamente polo pouco tempo que a empresa leva no mercado “resulta moi importante este premio, xa que proporciónanos unha visibilidade que consideramos moi positiva no momento de arranque de la empresa”. Pola súa banda, Cástor Rodríguez, xerente de SON, apunta que “crear unha empresa nova neste momento económico pode parecer un pouco temerario, pero cando detectamos que existía unha necesidade non cuberta no mercado cremos na oportunidade asumindo os riscos sen medo. Por iso creo que as novas ideas, as novas formas de facer as cousas son e sempre foron a clave do éxito e máis nunha contorna de crise”.

A posta en valor dos resultado da investigación

A spin-off SON púxose en marcha hai escasamente un ano co obxectivo de por en valor e comercializar os resultados de anos de investigación do grupo Sonitum no campo da enxeñaría acústica. SONArchitect é o produto estrela da empresa “e xa conta cunha versión europea”, apunta Sobreira que engade que este é o xeito de “aproveitar todo o background acumulado nestes anos”. Esta nova versión presentado no Euronoise 2009 segue os mesmos principios que a orixinal pero está adaptada á normativa europea ISO UNE 12354.
A vantaxe que ofrece SONArchitect, e que o fai merecedor desta distinción do COETG, é que é un programa que fai o proxecto acústico dun edificio completo e permite a súa verificación integral dando resposta á crecente demanda de ferramentas software que dean cobertura aos profesionais do sector da construción na aplicación e xustificación do Documento Básico de Protección fronte ao Ruído DB-HR.
Segundo explica Sobreira, “é o único programa dispoñible no mercado que fai isto a nivel mundial, hai programas que se achegan, pero non dan esta solución”, a dificultade reside en atopar o xeito de facer a revisión completa do edificio, polo que outras ferramentas software deste tipo non puideron chegar a efectuar o cálculo en todo o inmoble automaticamente. O programa permite ver todos os recintos en 3D e comprobar si cumpren ou non o novo CTE, que aumenta considerablemente as esixencias que había ata agora no campo do ruído e do illamento acústico. “Permite ver onde está o fallo, en que incumpre o código e onde, se é ruído dende as escaleiras, o ascensor, as fiestras, etc”. Segundo explica Sobreira, deste xeito, e aínda na fase de proxecto da edificación, “pódese modificar o que sexa necesario para corrixir os erros de modo que cumpra co CTE”. SONarchitect “saca o proxecto acústico e atopa que recinto.