DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A CEP acolleu unha xornada que contou coa participación de investigadores, empresas e administración

As TIC como solución aos problemas dos portos

Organizada por INEO, Asociación Multisectorial de Nuevas Tecnologías de la Información y Comunicació

Etiquetas
  • Vigo
  • Investigación
DUVI 12/09/2012

As solucións que poden achegar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, TIC, para resolver os problemas que enfrontan os portos, centraron a xornada que organizada pola Asociación Multisectorial de Nuevas Tecnologías de la Información y Comunicación, INEO, desenvolveuse na Confederación de Empresarios de Pontevedra coa participación de investigadores, empresas e administracións. Na xornada que ten a súa orixe nunha sesión celebrada o pasado mes de maio na que se afondou sobre os investimentos en tecnoloxía que as empresas dos sector realizan principalmente no estranxeiro, o debate centrouse especificamente nos problemas dos portos, contando para iso coa opinión de representantes das autoridades portuarias, empresas do sector e centros tecnolóxicos como AtlantTIC.

Na xornada que contou coa participación dunha trintena de representantes de diferentes sectores, o vicerreitor de Transferencia do Coñecemento da Universidade de Vigo, José Antonio Vilán, animou á realización de máis xuntanzas destas características que, asegura, “son moi positivas para os diferentes sectores, así como para achegar aos investigadores, como os de AtlantTIC, integrados neste sector a través de Campus do Mar, ás diferentes empresas”.
As xornadas INEO Market organízanse periodicamente e nelas promóvese o achegamento entre diferentes sectores a través da realización de diferentes mesas.