DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Todos buscan a vitoria. Complicados rivais para os equipos da Universidade

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
Mª del Carmen Echevarría DUVI 18/01/2008

Co desexo común de obter unha vitoria, aínda que con diferentes necesidades os equipos de rugby, baloncesto masculino de xadrez da Universidade de Vigo, afrontar as súas respectivas citas da fin de semana. Mentres o equipo de rugby visitará este sábado o campo do líder da categoría, o Liceo Francés, o Campus medirase ao Peleteiro en Santiago, nun dó de pechacancelas.
Pola súa banda o equipo de xadrez que tan brillante inicio de liga tivo a semana pasada, enfrontarase esta fin de semana ao "Kasparov A" de Pontevedra.

Cun equipo moi minguado polas baixas, o Universidade de Vigo enfróntase ao líder

O Liceo Francés, actual líder da categoría é o equipo ao que este sábado enfrontarase a un Universidade de Vigo moi diminuído pola baixa de varios dos seus xogadores.
Con tan só un encontro perdido, desde que comezou o campionato, o Liceo Francés é o actual líder da categoría, mentres que o equipo vigués ocupa a sétima posición na táboa clasificatoria.
O partido xogarase a partir das 16.00 no campo do Liceo, o Ramón Urtubi.

Dó de pechacancelas entre o Peleteiro e o Campus

O pavillón de Montouto será escenario este domingo do enfrontamento entre os últimos clasificados da 1ª División Masculina, o Peleteiro e o Campus.
O equipo vigués tentará ante os santiagueses, lograr unha vitoria que lles permita abandonar o derradeiro posto da categoría e inxectarlle unha dose de moral aos xogadores que dirixe Nino Santos.
O partido comezará ás 17.00 horas.

O equipo de xadrez da Universidade enfróntase ao “Karpov de Pontevedra”

O “Karpov A” de Pontevedra será este sábado o rival do Universidade. O equipo vigués que comezou, a pasada semana, a liga cunha contundente vitoria ante o “Alexandre Bóveda A” da Coruña, mídese este sábado a un reforzado “Karpov A” de Pontevedra.
O Universidade ocupa o segundo posto da clasificación xeral, situándose por detrás do C.D.U.S