DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Esta fin de semana disputaron a sétima xornada da liga galega

Tres encontros e tres vitorias para os equipos de xadrez do campus

Desprazáronse a Pereiro de Aguiar e Salceda de Caselas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Asociacións de Estudantes
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 24/04/2023

Os diferentes equipos do campus de Ourense que esta tempada participan na Liga Galega de Xadrez por equipos disputaron este sábado a sétima xornada de competición. En primeira división, o Universitario de Ourense A desprazouse ao polígono do Concello de Pereiro de Aguiar para xogar contra Xadrez Ourense C, ao que gañou por un marcador de 1,5-2,5 (con vitorias de Marcos Reza e Miguel Reza e táboas de Antonio Villar e derrota de Brais Gerpe). En segunda división, o Universitario de Ourense B xogou en Salceda de Caselas contra Xadrez Altamira, ao que gañou 0,5-3,5 (con vitorias de David Feijóo, Adrián González e José Jaime González Viso e táboas de Manuel Álvarez). Por último, e tamén en Pereiro de Aguiar, o Universitario de Ourense C gañou 1,5-2,5 a Xadrez Ourense E, con vitorias de Lino Hermida e Rodrigo Arias, táboas de Gabriel Alcalde e derrota de Álvaro Suárez.