DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Expourense acolle este xoves e venres a celebración do VI Salón do Deporte e Turismo Activo

A Universidade amosa en Sportur as súas instalacións e servizos deportivos

A institución académica conta cun posto informativo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Feiras e exposicións
  • Deportes
DUVI Ourense 01/12/2023

Este xoves e venres celébrase en Ourense Sportur Galicia, o VI Salón do Deporte e Turismo Activo. Trátase dun evento destinado a pór en contacto o deporte e todo tipo de públicos, desde deportistas ata nenas e nenos, organizado por Expourense co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte e da Deputación Provincial e no que participan arredor de 50 entidades, desde federacións ata clubs. Un ano máis, a Universidade de Vigo únese a esta cita cun stand propio no que a Área de Benestar, Saúde e Deporte presenta as súas instalacións deportivas e tamén os seus servizos e actividades, tanto as destinadas a membros da comunidade universitaria como as abertas á cidadanía en xeral. Entre outros aspectos destácase a celebración este curso académico dos 25 anos das rutas culturais da UVigo. Igualmente, e na súa liña de fomento do benestar e a vida saudable, no posto as persoas interesadas poden levar a cabo diferentes actividades como realizar unha análise antropométrica do seu corpo ou participar nun xogo que lles permite ver o azúcre que conteñen produtos de consumo habitual.