DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A Universidade dá a benvida ao Nadal ao son da música clásica

Coa actuación dun trío de corda

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
D. Besadío DUVI 18/12/2009

Baixo o título Música en tempo de Nadal, a Universidade de Vigo celebrou este venres a chegada do Nadal e o Ano Novo cun concerto de música clásica que correu a cargo do trío de corda composto por Miguel Álvarez Fernández e Leonardo Blanco Novoa, ao violín, e a viguesa Rebeca Núñez Seijo, ao violonchelo.
O recital, que tivo lugar na sala 1 do Edificio Miralles, compúxose dun total de oito pezas coas que os artistas deixaron sentir a súa paixón pola música. As obras de Bach, Pachebel, Händel, Händed, Albéniz, Gardel e Capua foron representadas ante un auditorio composto por diferentes membros da comunidade universitaria co reitor, Alberto Gago, á cabeza, que aproveitou a ocasión para desexar “boas festas e saúde para todos”.
Unha vez concluída a actuación serviuse o tradicional Viño de Nadal para toda a comunidade universitaria a modo de despedida do ano.