DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O reitor recibiu ao director territorial da entidade bancaria en Galicia, Emilio Barreiro

A Universidade e CaixaBank analizan novas vías de colaboración

Na actualidade cooperan no espazo de coworking en un programa de mentorización inclusiva

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
DUVI 31/01/2018

O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, mantivo na mañá deste mércores unha xuntanza co novo director territorial de CaixaBank en Galicia, Emilio Barreiro. Este encontro serviu tanto para a presentación do directivo da entidade bancaria recentemente nomeado, como para analizar os ámbitos nos que colaboran actualmente ambas institucións. Na actualidade, CaixaBank mantén abertas varias vías de cooperación coa Universidade viguesa. Por unha banda patrocina o espazo de coworking existente na Cidade Universitaria empregado polo estudantado emprendedor a través das convocatorias Incuvi Emprende e Incuvi Avanza. Por outra banda, a Obra Social da entidade financeira apoia mediante axudas económicas ao alumnado con necesidades especiais. Finalmente, tamén colaboran no programa de mentorzación inclusiva La Caixa, unha iniciativa que pretende facilitar a inserción laboral do alumnado universitario con discapacidade, un colectivo con especiais dificultades á hora de conseguir un emprego.

No encontro, tanto Mato como Barreira deixaron constancia do interese tanto da Universidade de Vigo como da entidade bancaria por consolidar estas relacións así como por abrir novas vías de colaboración.