DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nunha das entidades coas que ten asinado convenio

A Universidade presentará a vindeira semana os resultados das prácticas en empresas

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
DUVI 17/06/2011
A Universidade presentará a vindeira semana balance de resultados das prácticas en empresas levadas a cabo ao longo do curso 2009/2010 (cifra de alumnos que realizaron prácticas preprofesionais, número de empresas coas que a institución ten asinados convenios con este obxectivo...) . O reitor, Salustiano Mato, e o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, achegaranse para a presentación destes resultados á empresa BorgWarner Emissións Systems Europa, onde estarán acompañados polo director de Enxeñaría Avanzada da empresa, Álvaro Sánchez, exalumno da Universidade de Vigo, e dous dos bolseiros que nestes intres están a realizar as súas prácticas preprofesionais nesta entidade.

Con clientes como PSA, Renault, Audi ou Opel… BorgWarner Emissións Systems Spain leva fabricando compoñentes para a industria da automoción desde 1967 e, ao longo dos seus máis de 40 anos de historia foi medrando e consolidándose como un referente no entorno de Vigo e do seu potente sector da automoción. Desde entón foron moitos os estudantes da Universidade que pasaron polas súas instalacións e que hoxe forman parte do seu cadro de persoal.