DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Virxilio Rodríguez e Roberto Castro reuníronse este xoves

Universidade e Subdelegación do Goberno buscan fórmulas para estreitar a súa colaboración

No marco do fomento das relación do campus coas institucións da contorna

Etiquetas
  • Ourense
  • Institucional
Rosa Tedín DUVI 03/07/2014
Unha das características diferenciais do campus de Ourense é a súa estreita relación coa contorna que a acolle, especialmente coas diferentes institucións que traballan na cidade e na provincia. Tras asumir recentemente o seu cargo de vicerreitor do campus, Virxilio Rodríguez vén reuníndose paulatinamente cos responsables das principais entidades para retomar e afianzar esta colaboración. No marco desta liña de actuación, este xoves visitou a sede da Subdelegación do Goberno en Ourense e reuniuse co seu responsable, Roberto Castro. Durante a reunión, o vicerreitor de campus e o subdelegado do goberno amosaron o seu desexo de dar continuidade ás boas relacións que ata o de agora uniron ás dúas institucións que representan e de ampliar a sinerxía existente cun novo marco de cooperación.