DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Fronte ao Liceo Francés de Madrid

O Universidade de Vigo de Rugby busca a primeira vitoria da tempada

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
Romina Vázquez DUVI 26/10/2007

Tralas derrotas en Durango e ante o Hernani, o Universidade de Vigo, militante da División de Honra B, recibe o sábado ás catro da tarde ao Liceo Francés de Madrid. O equipo da capital, aínda invito, está considerado como un histórico do rugby nacional e o ano pasado militou na División de Honra, polo que sae como favorito. O colexiado pucelano Villegas será o encargado de arbitrar este partido da terceira xornada.
A pesar de contar co apoio dos seus seareiros ao desenvolverse o partido na casa, o cadro vigués parte coa dificultade de carecer de diferentes xogadores que se atopan lesionados, un punto a favor do equipo contrario, que dispón na súa aliñación de profesionais procedentes de Arxentina e Francia, ademais de internacionais españois como David Mota ou Noé Macías.