DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O Universidade de Vigo Rugby Club achega o rugby aos máis novos

Durante os meses de xaneiro e febreiro

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
DUVI 08/01/2008
O Universidade de Vigo Rugby Club achegará,durante os meses de xaneiro e febreiro, a todos os mozos e mozas de ata dezaoito anos o programa Rugby no teu barrio. Esta iniciativa estrearase o próximo sábado 12 no pavillón do Berbés ás 12 horas, e continuará en Bembrive e no pavillón das Travesas os días 20 e 27 de xaneiro respectivamente. Durante o mes de febreiro realizaranse tres sesión máis, aínda que estan por confirmar as datas e lugares.
Na actividade veranse os conceptos básicos deste deporte, ensinados por técnicos do Universidade de Vigo, e practicarase a modalidade de rugby sen contacto (Rugby TAG) para evitar que ningún neno sexa mancado. Para poder participar non é necesario ningún tipo de inscrición, bastará con que todos os interesados acudan ó lugar indicado dez minutos antes do comezo da actividade. Como incentivo para os participantes, realizarase o sorteo de cinco balóns de rugby entre os trinta primeiros nenas e nenos que se acheguen ao pavillón.
O programa organízase en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Vigo e IMD. Ademais conta con patrocinadores como VITRASA, a Federación Española de Rugby e RENFE, a través do proxecto Un tren de valores.
Para máis información pódese consultar a paxina web do Universidade de Vigo Rugby Club http://www.vigorugby.com .