DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O Universidade de Vigo de Rugby xógase o segundo posto da clasificación en Vilagarcía

Rugby no teu barrio regresa o 9 de febreiro no pavillón de Teis

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
Romina Vázquez DUVI 01/02/2008

Con ilusións renovadas trala contundente vitoria da pasada fin de semana ante o Cornellá, o Universidade de Vigo de Rugby desprazarase ata o País Vasco para enfrontarse ao Guernika este domingo ás 12 da mañá. O equipo, tranquilo por ter a permanencia asegurada na súa categoría, terá que organizar o xogo coa dificultade engadida de contar con numerosas baixas entre as súas filas, algunhas delas definitivas para o que queda de campionato. De todos xeitos, a previsión é a de recuperar a Alberto Campos para a próxima cita, que terá lugar dentro de dúas semanas en Oviedo.
Pola súa parte, o equipo da categoría Senior B, tralo empate acadado a fin de semana pasada ante o Crat B, xogarase o segundo posto da clasificación nun partido que os enfrontará aos Ingleses de Villagarcía.

Rugby no teu barrio

O programa Rugby no teu barrio, deseñado polo equipo co obxectivo de achegar o deporte aos máis novos, descansa este sábado para volver o 9 de febreiro ás 4 da tarde no pavillón de Teis. As anteriores citas tiveron lugar nos polideportivos do Berbés, Bembrive e As Travesas.