DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Na sexta e sétima proba da Liga Galega, nas que participaron 340 deportistas

A Universidade de Vigo volve a casa con catro medallas en Orientación

Isabel Pastoriza fíxose co título de subcampiona galega na carreira a pé

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
DUVI 21/06/2011
Moi boa fin de semana para os deportistas da Universidade de Vigo, que conseguiu facerse con catro medallas na sexta e sétima proba da Liga Galega de Carreiras de Orientación. Dous pratas e dous bronces acadados na carreira de a pé en distancia media celebrada no lago Castiñeiras e en distancia longa no Monte Escusa que supón un logro para os 22 corredores pertencentes á Universidade que participaron nestas probas. Isabel Pastoriza quedaba segunda na categoría Damas Elite, conseguindo o subcampionato de Galicia, e terceira en Sénior-Damas en sprint, mentres que José María Álvarez acadaba o segundo posto en Sénior Masculino nesta mesma proba e Ana Iglesias o terceiro en Damas-35 na carreira a pé. Ademais, outros oito deportistas acabaron entre os primeiros clasificados.

Nestas probas participaron ao redor de 340 corredores, con membros de 20 clubs das catro provincias galegas e cunha gran afluencia de público. Para a clasificación final tívose en conta a suma de tempos nas carreiras longa e media, sendo a proba sprint a única que serve para a clasificación do Campionato Galego.