DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Manifestan o seu compromiso de seguir colaborando para facer realidade esta proposta

Universidade e Xunta acordan traballar para facer efectiva a oferta de Automoción Dual para o curso 2024/2025

Problemas derivados da tramitación impediron contar cos informes preceptivos nos prazos previstos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Reitor
  • Universidade e empresa
  • Institucional
DUVI 23/06/2023

A Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia veñen de acordar continuar traballando para facer efectiva a oferta do Grao de Enxeñaría da Automoción con mención dual para o curso 2024/2025. Esta decisión tomouse logo de que problemas derivados da tramitación administrativa impediran contar cos informes preceptivos nos prazos previstos. 

Deste xeito, a administración autonómica e a Universidade de Vigo manifestan o compromiso de seguir colaborando estreitamente para facer realidade este grao novidoso no Sistema Universitario Galego. Así pois, o futuro Grao Dual en Enxeñaría da Automoción continúa os seus trámites ata completar os informes preceptivos previos á súa implantación.