DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Manteranse os efectivos precisos para a prestación de servizos esenciais

A UVigo pecha os seus centros, dependencias e instalacións entre o 7 e o 22 de agosto

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Institucional
DUVI 03/08/2023

Entre os días 07 e 22 de agosto, ambos os dous incluídos, a Universidade de Vigo pechará todos os seus centros, dependencias e instalacións. A medida, implantada desde o ano 2019 tanto en Semana Santa coma no verán, procura avanzar no compromiso da institución académica viguesa e do seu persoal coa sustentabilidade e a loita contra o cambio climático. Deste xeito, e co obxectivo de optimizar recursos para acadar un aforro enerxético e económico, procederase a partir deste venres 07 de agosto a pechar os edificios dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra. 

A medida, recollida nunha instrución da Xerencia, e que tamén se aplica en Semana Santa, establece uns efectivos mínimos para a prestación de servizos esenciais no CACTI, no Animalario do CINBIO, no CIM, na Unidade de Servizos Xerais de Apoio, na Área de Tecnoloxías da Comunicación e Información (ATIC) e no Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento.

O día 23 volverán abrir todas as instalacións e centros, aínda que con horario reducido de verán de 09.00 horas a 14.00 horas. En setembro retomaranse os horarios habituais.

Acceso ás instalacións pechadas

Con todo, cando resulte necesario e indispensable o acceso do persoal a centros, instalacións e dependencias da Universidade de Vigo durante o período de peche por mor das súas actividades, poderase entrar sempre que se conte cunha autorización do responsable correspondente. O persoal que teña unha tarxeta de acceso debidamente autorizada utilizará este mecanismo, mentres que as persoas que non dispoñan da tarxeta de acceso deberán chamar ao Centro de Control do servizo de vixilancia (teléfono: 618873387) informando do centro, instalación ou dependencia ao que se precisa acceder. Ao edificio acudirá un vixiante do servizo quen, logo da identificación e comprobación oportunas, habilitará a entrada. Así mesmo deberá comunicarse a saída ao Centro de Control do servizo de vixilancia.