DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A vídeoproxección "Dentro pode haber un crocodilo" está realizada por Oliver Añón

Un vídeo caseiro con efectos especiais protagoniza a nova exposición da sala Alterarte

Permanecerá no campus ata o 25 de xaneiro

Etiquetas
  • Ourense
  • Cultura
Marta Casanova DUVI 20/12/2007

A sala Alterarte acolle ata o vindeiro 25 de xaneiro a exposición Dentro pode haber un crocodilo, de Oliver Añón. O autor presenta a ficción dun vídeo caseiro que se desenvolve nunha xornada de lecer a través de múltiples escenarios. Praias, embarcacións, igrexas, fragas e campos de golf sucédense sen guión no que pretende ser o recordo dunhas vacacións. Aparecen entón planos que rompen a ilusión con cousas inesperadas feitas en posprodución cos mellores programas da industria cinematográfica.

Efectos visuais

Na segunda proxección aparece un vídeo con textos e gráficos que analizan as imaxes e as trucaxes que se empregan. Segundo o propio Añón “son exercicios de síntese de efectos visuais que xeran incorreccións con respecto á naturalidade da suposta gravación afeccionada”. Con esta mestura entre o realismo da captación directa e os procedementos da ciencia ficción inspirados no cineasta Mélière, reflíctese “a colisión de dúas naturezas dun mesmo dispositivo, porque se empregan as mesmas tecnoloxías e á vez se incide en ambos medios”. Para a realización da montaxe, que é a primeira vez que se expón, “empreguei unha cámara común, das baratas, contraposta con programas de composición, síntese e producción de efectos de alta calidade, co software co que traballan en televisión e cine” explicou o autor.
Calquera cousa pode aparecer nesta filmación para sorprender ao espectador que se achegue á sala de exposicións do Pavillón 1. Pero coidado, porque dentro poder haber un crocodilo.

Máis información