DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A cita en Ourense será este venres na Facultade de Ciencias

Unha vintena de estudantes participarán na Fase Local da Olimpíada de Física

As e os gañadores pasarán á fase nacional que terá lugar en Salamanca en abril

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Divulgación
  • Premios
  • Institucional
DUVI Ourense 21/02/2019

A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acollerá este venres, a partir das 16.00 horas, a Fase Local da Olimpíada de Física. Un vintena de estudantes de 1º e 2º de Bacharelato e de 2º e 3º grao de Formación Profesional de preto de oito centros da provincia competirán para demostrar os seus coñecementos nesta ciencia. Non será Ourense a única sede local da competición na Universidade de Vigo xa que o campus de Vigo acollerá a fase local do certame correspondente á provincia de Pontevedra.   

Coa celebración deste certame, que este ano chega á súa edición número 30, a Real Sociedad Española de Física pretende divulgar esta ciencia, promover vocacións entre o alumnado dos centros de ensino secundario e favorecer un ambiente socialmente favorable ao estudo das ciencias. De cada unha das sedes locais sairán tres estudantes que participarán na fase nacional da olimpíada, que terá lugar en Salamanca do 26 ao 29 de abril. “Na fase nacional seleccionaranse os cinco estudantes que acudirán á fase internacional e tamén os catro que concorrerán á fase Iberoamericana”, explica José Luis Legido, coordinador da Fase Local da Olimpíada na Universidade de Vigo, que lembra que nas tres universidade galegas, como en anos anteriores, se realizará a mesma proba ao alumnado que concorre á olimpíada.