DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Visita o campus unha delegación da Universidade de Zagreb

Co fin de coñecer o funcionamento da Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Internacional
  • Visitas
  • Institucional
DUVI 07/11/2023

A Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade recibiu a visita dunha delegación da Universidade de Zagreb (Croacia) interesada en coñecer o funcionamento da Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade da Universidade de Vigo. Formaron parte desta delegación a directora da Oficina de Desenvolvemento, Investimentos e Planificación Espacial, Martina Cvitanovic,  e  a directora da sección de Planificación Espacial, Silvana Cubric.

Tras a benvida do vicerreitor, José Luis Míguez Tabarés, encargouse de acompañalas o director da Área de Innovación Administrativa, Manuel Pérez Cota, quen lles amosou o funcionamento da vicerreitoría e as súas distintas seccións, ademais de exercer de guía nunha visita polo campus. Pola súa banda, o director da Área de Infraestruturas e Prevención de Riscos Laborais, Carlos Caamaño, explicoulles os sistemas de planificación e xestión das distintas infraestruturas da UVigo. 

A Universidade de Zagreb é a universidade máis antiga de Croacia (1669) funcionando ininterrompidamente e, tamén, a institución de ensino superior máis antiga do sudeste de Europa. Está composta por 29 facultades, tres academias de arte (Arte Dramático, Belas Artes e Música) e un centro universitario (CU de Estudos Croatas).