DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Ciencias foi a sede provincial da fase galega deste certame

A X Olimpíada de Xeoloxía contou en Ourense coa participación de 34 estudantes

A competición consistiu nunha proba individual e outra grupal

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Divulgación
  • Premios
  • Institucional
Rosa Tedín DUVI Ourense 13/02/2019

A Facultade de Ciencias do campus de Ourense volveu este mércores a ser sede provincial da fase galega da Olimpíada de Xeoloxía na súa décima edición. O certame, organizado pola Sociedad Geológica Española e a Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra, quere promover o interese polas Ciencias da Terra e fomentar as vocacións neste campo disciplinar. 34 estudantes procedentes dos institutos de Educación  Secundaria de Ourense Aquis Querquernis, Ramón Otero Pedrayo e Xesús Ferro Couselo e do IES Val do Asma de Chantada participaron na competición que tivo lugar na Facultade de Ciencias. A xornada arrancou cunha benvida a cargo do xeólogo e profesor do centro Pedro Araújo, para logo desenvolverse a proba práctica grupal en diversos laboratorios e a proba teórica individual. A alumna ou alumno que acade a mellor puntuación clasificarase para participar na competición estatal.