DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Un cento de persoas participaron nesta iniciativa no Pavillón Universitario 

O XIX Maratón Solidario de Zumba reúne preto de 200 quilos de alimentos

Entregados ao comedor social dos Pais Franciscanos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 15/12/2023

Preto dun centenar de persoas sumáronse na tarde deste xoves ao XIX Maratón Solidario de Zumba, unha actividade impulsada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade e a Vicerreitoría do campus que busca tanto promover a práctica de actividade física como contribuír ao labor social que desenvolven no comedor dos Pais Franciscanos. De feito o único requisito para tomar parte nunha actividade aberta a toda a cidadanía era achegar ao Pavillón Universitario cando menos un quilo de alimentos non perecedoiros, o que permitiu nesta edición reunir preto de 200 quilos de produtos, que foron entregados a este comedor social.

Durante dúas horas, as participantes neste maratón movéronse ao ritmo das coreografías propostas por un equipo de monitores e monitoras coordinado por Bruno Hermida, nun evento que contou tamén coa colaboración de Coca-Cola e Gadis, que achegaron froita, bebidas e barriñas enerxéticas para seguir bailando.