En galego
Aproveita a ocasión para comunicarte en galego e benefíciate das oportunidades de convivirmos coa diversidade lingüística. As linguas sempre suman!
Podemos asesorarte
Se cando desenvolves o teu traballo tes calquera dúbida sobre a lingua propia da universidade, bota man da axuda que che ofrecemos.
Quen non precisa formarse?
Proporcionámosche cursos de formación para que poidas desenvolverte sen ningunha dificultade, con corrección e fluidez, tanto na lingua oral coma escrita.
A lingua propia da universidade
Ti xa sabes cal é! Por iso propoñémosche que a empregues na clase, no autobús, na cafetaría, na biblioteca, na secretaría… O prestixio dunha lingua está no seu uso en todas as situacións comunicativas e ti podes axudar.
Política lingüística
A Universidade de Vigo cumprirá a lexislación en materia lingüística e velará para que se lle garantan os dereitos lingüísticos á comunidade universitaria.