
Dinamización
Trátase de consolidar actitudes favorables cara ao galego, así como o fomento do emprego do galego na docencia, investigación, administración, información e representación universitaria.
En galego! Investigación e divulgación científica
A divulgación científica é un elo central na expansión do coñecemento. Para contribuír a esa tarefa, desde a Área de Normalización Lingüística queremos compartir coa comunidade universitaria unhas guías prácticas, elaboradas por diferentes grupos de investigación da Universidade de Vigo e destinadas especificamente para seren distribuídas e empregadas nos centros de educación secundaria.
- A saúde e os seus coidados. No Camiño Miñoto Ribeiro
- En galego 24/7. Da minoración ao neofalantismo
- Máis aló do prato. Analizando a dieta alimentaria na miña contorna
- Procesos de separación
Axudas
Premios e concursos
Para máis información, podes contactar coa Área de Normalización Lingüística
anl@uvigo.gal
+34 986 813 574