
En galego
Na universidade, en galego
Galego e castelán son os dous idiomas oficiais de uso normal na universidade e nas administracións galegas, e nós temos un compromiso co proceso de normalización, recuperación e dinamización da lingua galega. A Área de Normalización Lingüística é a unidade de traballo da Universidade de Vigo encargada de promover e darlle soporte técnico ao proceso de extensión do uso da lingua galega no ámbito docente, investigador, administrativo e de servizos.
Esta área desenvolve accións destinadas a mellorar e a incrementar o uso da lingua galega e a dotala de prestixio en todos os ámbitos tendo en conta as necesidades do alumnado, do persoal de administración e servizos (PAS) e do persoal docente e investigador (PDI).
Entre as súas funcións tamén están organizar e impartir cursos de lingua galega para os membros da comunidade universitaria; informar e asesorar permanentemente todos os órganos da universidade no referente ao uso do galego; corrixir, por instancia do órgano competente, os documentos e os escritos oficiais; ademais de canalizar as relacións con entidades extrauniversitarias relacionadas coa lingua galega.
Para máis información, podes contactar coa Área de Normalización Lingüística
anl@uvigo.gal
+34 986 813 574