Campus Ourense

Deporte en Ourense

A Universidade de Vigo considera o deporte un aspecto esencial na formación integral do alumnado

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CAMPUS:

Podes practicar moitos dos teus deportes favoritos nas instalacións deportivas das que dispón o campus: pista polideportiva cuberta, área de tenis de mesa, sala multiusos, sala cardio-fitness, 2 pistas de tenis, campo de herba sintética, pista de atletismo,... 

O aluguer das pistas é gratuíto para a comunidade universitaria durante todo o horario de apertura da instalación. O acceso á sala cardio-fitness é moi doado co abono muver que proporciona ademais acceso gratuito á unha ampla variedade de actividades dirixidas sen custe adicional.

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO CAMPUS:

Actividade física, deporte para todas e todos, programas de lecer, augaventura, actividades na natureza, rutas culturais, competicións (internas, interuniversitarias, federadas…) son parte principal das actuacións programadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte.


XESTIÓNS:

A través da páxina web campusactivo.uvigo.gal

 

Para máis información, podes contactar coa Área de Servizos á Comunidade do Campus de Ourense
asc-ou@uvigo.gal
+34 988 387 102