Máis aló da traxedia que, en termos de vidas humanas, supuxo a irrupción da covid-19, as restricións ás que obrigou a pandemia afectaron de moitas formas á saúde física e mental do conxunto da sociedade. Coñecer o impacto que tiveron sobre a comunidade universitaria o confinamento e as restricións durante as primeiras olas da covid-19 foi o obxectivo central dun estudo levado a cabo polos investigadores do grupo HealthyFit Gustavo Rodríguez, Pablo Campo e Jose María Cancela
02/08/2022